Carlos Negro é mestre. No seu artigo Ler poesía tampouco é para tanto publicado en Poesía Hexágono. Ollada e Expericia. Proposta e Resposta nas Aulas, advírtenos do seguinte: “Un dos prexuizos máis pertinaces no ámbito escolar vén sendo ese especie de crenza colectiva, moi común entre o profesorado que imparte literatura no ensino secundario, de que poesía e adolescencia son conceptos que non combinan ben entre eles, tal como a auga e o aceite nun mesmo recipiente”.
Nun ton desmitificador, Carlos vai ofrecendo ferramentas, reflexións e referencias ao longo do seu traballo. Podes atopar algunhas desas ligazóns aquí, organizadas por orde de lectura do artigo:
Antonio García Teijeiro. Versos e Aloumiños.
O club dos poetas mortos. Carpe Diem.
“A poesía é libre ou non é nada”.- Carlos Negro