Antía Otero adéntrase con Derivando na videopoesía. Unha achega para a aula, artigo co que participa en Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e Resposta nas aulas, na oportunidade que supón botar man dunha linguaxe coñecida para *s adolecentes, como é o audiovisual, e achegala ao entramado poético.
Se ben tódalas linguaxes precisan ser coñecidas para ser entendidas, a autora opta por buscar os puntos de encontro entre ámbalas disciplinas (video e poesía) e, partindo do xa coñecido, facelas máis accesibles: “Cando son convidada a visitar os centros de ensino con esta proposta, sempre incido en que o importante desta actividade non é o resultado concreto (rematar o obradoiro tendo realizado un videopoema cunha montaxe impecable e efectos impresionantes que ensinarlles á familia e aos amigos) senón que, o verdadeiramente importante, é o propio proceso, a experiencia da construción e a vivencia de térmonos achegado ao feito poético a través dunha porta distinta e activa”.
Antía nomea no seu texto multitude de referencias… As alusións a vídeos, artistas e imaxes son contínuas. Observalas e facer unha deriva por elas enriquece o discurso que propón. Podes atopar moitas delas nas seguintes ligazóns organizadas por orde de lectura do artigo:
Artistas/pezas/documentais:
Joseph Beuys. Todo home é un artista (documental)
Claude Cahun (anaco documental)
Maruja Mallo. Metade anxo, metade marisco (documental)
Merce Cunnigham. Variations V.
Maya Deren. A study in choreography for camera.
Wolf Vostell. Sun in your head.
Allan Kaprow. How to make a happening.
George Perec. Un homme qui dort.
Chus Dominguez. Notas de lo efímero.
Clement Clarke. Twas the night before Christmas.
Charles Kingsley. The Unchanging Sea.
Charles Sheeler-Paul Strand. Manhatta.
Marcel Duchamp. Anémic Cinéma.
Man Ray. L´Etoile de mer. ( Son manipulado )
Jean Cocteau. Le sang d´un poète.
Isidore Isou. Traité de Bave et d’eternitè.
Guy Debord. Hurlements en faveur de Sade.
Maurice Lemaitre. Le film est déjà commencé?.
Oliver Laxe. Y las chimeneas decidieron escapar.
Yolanda Castaño. O vídeo da egoista.
Andrea Nunes Brións. Todas as mulleres que fun.
.Pier Paolo Pasolini e Eric Rohmer. Cine de poesía contra cine de prosa.
Pezas e material relativos aos apuntes:
Apunte nº1: Antía Otero. Diario_feb13.
Apunte nº3: Eadweard Muybridge, Marcel Duchamp
Videopoemas Antía Otero:
Antía Otero. Toño Chouza. Obradoiros de videopoesía Marcela&Elisa.
Antía Otero. Toño Chouza. Obradoiros de videopoesía Saraxevo, guerra e paz de Gervasio Sánchez
Vídeos resultantes dos obradoiros de creacións. Antía Otero-Toño Chouza.
Outros enlaces recomendados pola autora son:
Gustaríame poñerme en contacto contigo para estudar a posibilidade de vir ao IES Basanta Silva de Vilalba co teu obradoiro de videopoesía.