En Poesía Hexágono. Ollada e Expericia. Proposta e Resposta nas Aulas, Celso Fernández Sanmartín propón co seu artigo E inda se pode facer poesía un enfoque reflexivo, orientado a contaxiar o entusiasmo pola lectura, a oralidade, a escoita e a práctica poética: “Podería dicir: sinto cada palabra coma se fose un poema, e con isto querería dicir que a poesía ten que ver cunha sensación que se dá entre a linguaxe, o mundo que se toca e o pensamento”.
Ao longo da súa conversa, Celso, vai debullando referencias, títulos de libros, artistas… A continuación ofrecémosche ligazóns para que poidas ampliar e acceder a eles dun xeito máis sinxelo. ( As referencias están organizadas seguindo a orde de lectura do artigo).