Yolanda Castaño: A poesía non morde!

05 JPG

 

Yolanda Castaño, no seu artigo A poesía non morde! co que participa en Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e Resposta nas Aulas, propón un discurso que contribúe á loanza da actividade poética e á eliminación dos prexuizos: “A poesía non debe ser reducida a un rancio esteriotipo cursi, requintado ata a sofisticación, solemne ata o amaneiramento, esotérico, laiante, elitista” (…) “O que si hai que ter claro é que non valen as ferramentas racionais nesa aventura”.

Ver a música e escoitar as cores

Unha das ferramentas coas que abordar a poesía na aula, e das que Yolanda nos fala no seu artigo, é a Sinestesia. Unha figura retórica que consiste na asociación de dúas palabras relativas a dominios sensoriais distintos, mais tamén a capacidade que teñen algunhas persoas de experimentar sensacións dunha modalidade sensorial particular a partir de estímulos doutra modalidade distinta.

( Podes ampliar esta información aquí ).

O pintor ruso Wassily Kandinsky, precursor do expresionismo abstracto, describiu a súa primeira experiencia sinestésica da seguinte maneira: “Os violíns, os profundos tons dos contrabaixos, e moi especialmente os instrumentos de vento personificaban para min toda a forza das horas do crepúsculo. Vin todas as miñas cores na mente, estaban diante dos ollos. Liñas salvaxes, case tolas dibuxáronse na miña fronte

Yolanda pregúntanos no seu artigo: “De que cor é para ti a letra A?”. “E o número cinco?”. “De que cor percibes a alegría?”.

Outros enlaces recomendados pola autora son:

El impresionismo en la literatura 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *